viernes, 9 de febrero de 2024

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS XANEIRO E FEBREIRO 2024

 


 TALLER DE "ENTRECULTURAS
"

O día 26 de xaneiro volve a estar no noso colexio, Xosé Luis, periodista que traballa coa ONS "Entreculturas”

Taller sobre as Migracións e a Paz, para os cursos de 5ºe 6º, organizado polo departamento de Relixión.

Mediante videos levou ó alumnado nunha viaxe a través de diferentes paises, para comprender mellor as situacions vividas polos nenos e nenas que fuxan das guerras e outras situacións.

Rapazas como MIREILLE DE RUANDA, JOSEFINA DE GUATEMALA...que loitaron por ter un futuro mellor onde a educación e imprescindible para logralo; a través de ONG dedicadas a axudarlles.

Abraiadas/os cun "Experimento Social", imáxenes para comprender que non hai fronteiras, o importante é dialogar, coñecerse e poñerse "NOS SEUS ZAPATOS" que quere dicir poñerse no lugar doutro/a. 

Imos ver alguhas fotos deste taller











Grazas Xosé Luis



SAIDA O CINE SOCIAL SALESIANOS 

O día 2 de febreiro o alumnado de 5º e 6º van o cine SOCIAL SALESIANOS para ver BRAVE
( indomable)



Pelicula animada que consiguió 6 premios no ano 2012

Merida a indócil, filla do rei Fergus e da raiña Elionor debe afrontar grandes retos para chegar a comprender que é a autentica valentía, a importancia de tomar as propias decisións sen romper o vínculo ca une a súa familia.

NESTA PELICULA DE FICCIÓN PRESÉNTANSE SITUACIÓNS QUE PODERIAMOS VIVIR HOXE E APRENDER DELAS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario