sábado, 30 de marzo de 2019


Os nosos amigos os animais!!!

Protexe os animais


O día 20 de marzo o alumnado de 1º e 2º de primaria de Relixión fixéron unha saída conxunta co resto do alumnado, moi especial, á Protectora de Animáis "A Madroa".

Escoitaron con moito interés as explicacións de Vicente, Presidente da Protectora.

As Protectoras son asociacións sen ánimo de lucro, non xeneran beneficios e o diñeiro que poden obter  é a través de socios, doacións e subvencións. Estes ingresos que obteñen son utilizados para atender e coidar dos animáis, así como recoller aqueles que son abandonados e tamén para poder manter as súas instalacións.

cando recollen ao animal comproban se ten un microchip, e poder  encontrar  a seu dono. Por iso é tan importante que as nosas mascotas o leven. Ademáis de ser OBRIGATORIO.

Podedes visitalos os sábados pola mañá de 12.00h a 14.00h, sempre acompañados dun adulto, por exemplo, os vosos pais. Están dexesando recibir visitas e voluntarios para pasealos!

Vicente explicounos que para adoptar un can ou un gato, farannos unha serie de preguntas para averiguar cal é o que mellor adaptase o noso entorno.

A saída foi moi divertida e gratificante máis non debemos esquecer que o amor que debemos profesar a todo o creado inclue aos animais, a través de valores como: solidariedade, acollida, axuda, coidado , adopción... ensínanos a amar ao noso próximo. 

Premendo na seguinte enlace podedes ver o interesante e emocionante desta saída! 

PROTEXE OS ANIMÁIS (preme)