lunes, 7 de diciembre de 2020

Calendario de Advento


Seguro que estades esperando con ilusión que chegue o NADAL, para celebrar coa vosa familia o 25 de decembro o nacemento do Neno Xesús.

O tempo de advento dura 4 semanas, é un tempo para mellorar a forma de actuar (propósitos que estades a cumprir e que temos na aula de Relixión), e para vivir con esperanza e ledicia.










Cada domingo acéndese unha candea nas  igrexas e tamén na nosa casa.



O tempo de advento caracterízase pola cor morada. O sacerdote cando celebra a eucaristía, leva a casulla desa cor. 

Este calendario de Advento que tendes a continuación, conten unha imaxen e unha canción do Nadal famosa, diferente.

 Tendes que abrir os días que levamos de mes: 1 ao 9... Cada día descubriremos unha canción nova. Seguro que a vosa familia lembra algunha!



Preme neste enlace para ver o calendario 

Calendario de Advento

Ides ver  máis fotos das actividades realizadas durante este advento na aula:
















Por fin chegaron as cartas da pascua do confinamento xunto coas felicitacións de Nadal, do alumnado de 4º P do  CEP plurilingüe Santa Tegra, para o alumnado de 4º P do noso cole. 

Recibíronas con moita  alegría como comprobaredes no seguinte vídeo: