jueves, 17 de diciembre de 2015



NADAL ESPACIAL

Seguindo o proxecto de centro "O UNIVERSO", en relixión, os nenos de infantil 1º e 2º de primaria colorearon os traxes de astronautas e a súa nave espacial para levarlle ao neno Xesús uns agasallos moi especiais: PAZ, ESPERANZA E AMOR.








No caballete da aula os artistas de infantil construiron xuntos o Belén por medio dunha colaxe.


Que divertido!!! Cantos puntiños de cores!!!

Os maiores de º,4º,5º e 6º de primaria levaron outros agasallos a súa casa para colgalos das súas árbores.







Os maiores quiseron expresar a súa solidariedade cos refuxiados mediante unha aperta

Os invitamos a ver o vídeo "O poder dunha aperta"



A volta das vacacións de Nadal está prevista unha charla da ONG   "Entreculturas" sobre os refuxiados. 

Podedes ver o video:



jueves, 5 de noviembre de 2015


CURSO 2015-2016


Comezamos o curso con dúas boas novas:



  • Felicitacións por parte da ONG Entreculturas a todas as familias que participaron na recollida de sinaturas para acadar cá educacion sexa unha prioridade na Nova axenda de Desenvolvemento Global.
         Gracias a todos vos recavaronse máis de 26.000 sinaturas.
         
         Achégovos o enlace:  http://www.lasillaroja.org/mas-informacion-world-2015/
       


  • Premio a biblioteca de aula de Relixión polo día das bibliotecas escolares do 24 de outubro, relacionado con proxecto do universo. 
         O noso cohete espacial saíu camiño do espacio exterior, cheo de libros e rumbo as estrelas!!
         Co lema " O universo alumea os meus libros"


As estrelas representan á mascota DEBA. Feitas polo alumnado de infantil.



         
         O premio e o diploma entregáronsenos o 23 de outubro na nosa biblioteca

miércoles, 20 de mayo de 2015

Sinaturas proxecto pola educación da cadeira vermella

Solicitovos axuda para conseguilo proxecto pola educación da cadeira vermella

Porque queremos que a educación sexa unha prioridade na definición da Nova axenda Global de desenvolvemento.

Para elo necesitamos enviar miles de sinaturas as Nacións Unidas a traves da representación española que acuda a Cumbre Especial sobre o Desenvolvemento Sostenible, en Septembro de 2015.

Podes poñer a túa sinatura na web www.lasillaroja.org/firma