viernes, 5 de febrero de 2016



 UN MUNDO NAS TÚAS MANS


O venres 22 de xaneiro, por iniciativa da aula de relixión, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tivo unha charla impartida polo periodista Xosé Luis Barreiro delegado da ONG ENTRECULTURAS  que falounos da problemática dos refuxiados sirios. Xa que estamos a vivir a peor crise humanitaria da nosa década. 59 millóns e medio de persoas que a causa da persecución, os conflictos, a violencia xeralizada e as violacións dos dereitos humanos vense obrigadas a saír dos seus fogares na busca dun futuro incerto.








  
Todo o alumnado mostrouse moi interesado e sensible polo tema, atendendo e participando con preguntas.




Esta charla forma parte do proxecto “O UNIVERSO” que este ano temos como lema no colexio.

Na aula de relixión estamos traballando desde Nadal  con diferentes dínamicas como” O PODER DO ABRAZO”; e para o Día da Paz o mural co lema “TI SÓ TERÁS ESTRELAS QUE SABEN RIR” frase do conto O PRINCIPIÑO; o alumnado deixará a súa palma da man branca simbolizando que coas nosas mans sostemos , coidamos   e construimos a PAZ.