jueves, 18 de junio de 2026

SEMPRE NO MEU CORAZÓN

 

      Estimadas familias e alumnado: chegou o momento de dicir adeus.

É unha verdadeira fonte de orgullo e satisfacción ser a "profe de reli" das vosas fillas e vosos fillos; Marcho con recordos e lembranzas marabillosas que premanecerán para sempre no meu corazón.

Grazas por confiar en min para deixar unha pequena pegada que vos axudará a ser mellores persoas.

Apertas e que gocedes das vacacións de verán!

Profe de Reli

Berta

lunes, 8 de junio de 2026

PRESENTACIÓN . Proxecto anual 2025 - 2026 "Viaxamos cara a un mundo mellor"

A TRAVÉS DAS CATEDRAIS, DUN XEITO VIRTUAL, VIAXAMOS A BASÍLICA  DEL PILAR EN

ZARAGOZA, SAGRADA FAMILIA EN BARCELONA, BASÍLICA DE SAN PEDRO EN EL

 VATICANO E POR SUPOSTO A CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

ESTE  ÚLTIMO QUE PODEDES VER NO MURAL QUE SE ATOPA NA CORREDOIRA DO

 TERCEIRO PISO: ENSINANOS A ARTE , LENDAS E CURIOSIDADES SOBRE O PÓRTICO

DA GLORIA: ADEMAIS A NOSA QUERIDA POETISA ROSALIA DE CASTRO DEDICALLE

UN POEMA "NA CATEDRAL" DO LIBRO FOLLAS NOVAS. 

PARTICIPAN  NA REALIZACIÓN DO MURAL O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA.




jueves, 18 de diciembre de 2025

VIAXAMOS CARA A BELÉN

 NADAL  2025

VIAXAMOS CARA A BELÉN Para coñecer o país de Xesús.

O alumnado de relixión descubrelos diferentes lugares de Palestina onde a pegada de XESÚS segue forte a pesar do tempo transcorrido e da dificil situacion do país na actualidade.

O maior desexo dos nenos e nenas é a  PAZ para todos os pobos do mundo, co Nadal lembramos o sentido do por qué nace Xesús.  

PODEDES VER O VIDEO COS TRABALLOS FEITOS EN CADA CICLO


 


sábado, 21 de diciembre de 2024

PROXECTO CORES NO NADAL 2024

 A continuación presento o video deste traballo.

 Grazas a vosa colaboración, mostrando un pequeno recuncho dos vosos fogares, podemos ver a maxIa do Nadal. 

FELICES FESTAS!!!





jueves, 28 de noviembre de 2024

CORES NO NADAL 2024

 

Queridas familias e alumnos👪

 Xa está preto o Nadal ; as rúas, as tendas e as vosas casas teñen  unha  fermosa decoración de Nadal.

Necesitamos a túa colaboración dun xeito sinxelo. 

No corredor do terceiro piso os nenos e nenas de relixión, preparan a decoración.

Tendes que facer unha foto da túa decoracion na casa (Nacemento ou árbore de Nadal ou elemento decorativo relacionado co Nadal).

As pautas a seguir son as seguintes:

1.    Facer unha foto a familia co elemento.

2.    Tamaño cuartilla 16 X 22 pode ser en vertical ou horizontal 

3.     Deixarao na clase de relixión o teu fillo ou filla; no caso dos irmáns, será o irmán maior quen se encargue de levar a foto.

4.    Podes facer un marco de 3 cm máximo, SEN BASE, decorándoo con motivos do Nadal. (é opcional).

5.    A  data de entrega dende o 2  de decembro ata o 13 de decembro

Disfrutade destes momentos marabillosos con vosas fillas/os. FELIZ ADVENTO!!🙏

sábado, 22 de junio de 2024

MURAIS ÚLTIMO TRIMESTRE

                                                      REMATA O CURSO 2023-2024

Quero agradecer a colaboración de todas as familias nos diferentes proxectos e a ilusión do alumnado que fixo posible os resultados. A continuación veredes  os traballos feitos polo alumnado este mes de maio e xuño. 

Grazas por seguir nesta opción que intento mellorar cada día.

Desexarvos unhas merecidas e felices vacacións de verán.

A continuación veredes os videos deste trimestre e final de curso. Esperamos que vos gusten.







viernes, 22 de marzo de 2024

FELIZ PASCUA!

 

Estimadas familias e alumnado:

Este 2º trimestre celebramos a Pascua a través de diferentes retos. O alumnado gozou e traballou con entusiasmo para esta celebración tan alegre dedicada aos nenos/as .

A Pascua ten mensaxes relevantes dentro do Calendario Litúrxico da Igrexa  que nos dirixe a Pentecostés e Corpus Christi ; esta última enfocada  aos rapaces e rapazas que se  preparan para a primeira comunión.

Todos/as levan un agasallo relacionado con esta celebración.

A continuación podedes ver a exposición das manualidades de Pascua.