miércoles, 26 de noviembre de 2014

DEREITOS DA INFANCIA

O día 20 de novembro lembramos os dereitos dos nenos e das nenas .










 Participou o alumnado de 5º e 6º de relixión ,  pintando de vermello unha cadeira que representa a todos aqueles rapaces que non poden ir ao colexio.






Para recordar a todos eses nenos e nenas temos a  cadeira vermella no corredor do terceiro piso



  
Para conmemorar o Día da Paz analizamos e pegamos carteis con frases ditas por diferentes premios Nobel ( Martin Luther king, Madre Teresa de Calcuta, Ghandi...)

Tamén analizamos a vida de Malala Yousafzai, a nena que se enfrentou aos talibáns para estudar e que acadou o Premio Nobel da Paz 2014.





Eleximos sete frases ditas por Malala e que consideramos son merecedoras dunha pequena reflexión.

Os de 5º fixeron un cómic que resume a súa vida.



Co motivo do proxecto de centro " Un bosque para convivir" os nenos de infantil , 1º e 2º de primaria colocaron as pombas da Paz e flores representando os diferentes valores que queren acadar.