domingo, 12 de mayo de 2019

Actividades segundo e terceiro trimestre


Día de teatro na biblioteca


6º A-B de Relixión representan unha obra de teatro para os nenos e nenas máis pequenos e pequenas do colexio. (Infantil, 1º e 2º de primaria).

Adaptación do conto:" Os ratos de don Noé" de Xosé  González Torices. Obra que ten como personaxes principáis a Noé e aos animáis.

Uns ratos moi pícaros que comen a comida do resto de animáis... Os gatos consiguen que compartan cos demáis.

O movemento, o verso, fan que a posta en escena sexa moi divertida.

As rapazas e rapaces de 6º fan preguntas aos espectadores, alegres e ao mesmo tempo abraiados e entre todos recordan a verdadeira historia de Noé. 

Comprendendo, deste xeito, a importancia do perdón a axuda e a xenerosidade.

Podedes ver as fotos que resumen este teatro tan divertido!!!


Todo preparado

Os actores en escena!

Atentos os de Infantil

Abraiados coa obra


En Escena!

2º primaria

1º Primaria



Chegou a Pascua

Na aula de Relixión a celebramos dun xeito especial e os nenos e nenas disfrutaron dun momento de ledicia, relaxación e reflexión. 

Este foi o resultado....

Feliz Pascua a todos e todas!!! 

Preme nos seguintes enlaces



sábado, 30 de marzo de 2019


Os nosos amigos os animais!!!

Protexe os animais


O día 20 de marzo o alumnado de 1º e 2º de primaria de Relixión fixéron unha saída conxunta co resto do alumnado, moi especial, á Protectora de Animáis "A Madroa".

Escoitaron con moito interés as explicacións de Vicente, Presidente da Protectora.

As Protectoras son asociacións sen ánimo de lucro, non xeneran beneficios e o diñeiro que poden obter  é a través de socios, doacións e subvencións. Estes ingresos que obteñen son utilizados para atender e coidar dos animáis, así como recoller aqueles que son abandonados e tamén para poder manter as súas instalacións.

cando recollen ao animal comproban se ten un microchip, e poder  encontrar  a seu dono. Por iso é tan importante que as nosas mascotas o leven. Ademáis de ser OBRIGATORIO.

Podedes visitalos os sábados pola mañá de 12.00h a 14.00h, sempre acompañados dun adulto, por exemplo, os vosos pais. Están dexesando recibir visitas e voluntarios para pasealos!

Vicente explicounos que para adoptar un can ou un gato, farannos unha serie de preguntas para averiguar cal é o que mellor adaptase o noso entorno.

A saída foi moi divertida e gratificante máis non debemos esquecer que o amor que debemos profesar a todo o creado inclue aos animais, a través de valores como: solidariedade, acollida, axuda, coidado , adopción... ensínanos a amar ao noso próximo. 

Premendo na seguinte enlace podedes ver o interesante e emocionante desta saída! 

PROTEXE OS ANIMÁIS (preme)




sábado, 26 de enero de 2019

CORREO ESCOLAR




CONVIVENCIA

Xuntanza do alumnado de 6º de relixión do noso colexio co do CEP Santa Tegra.


As dúas clases de ambos colexios comparten a mesma mestra  que encontrou inspiración para facer a actividade, nas Epistolas do Novo Testamento e levamos dende 3º de primaria facendo a actividade cos rapaces destas aulas.

Convivencia especial, enriquecedora e chea de momentos de amizade, ledicia e ilusión.
Recibíronnos cos brazos abertos!!!

Iniciamos a convivencia cunha actividade para perder a vergoña. Os anfitrións representaron unha obra de teatro:" Existen os reis magos?". Non podía faltar unha magnífica e  rica chocolatada, rematando cuns agasallos feitos por cada un de nós.

O poder ver como como imos cambiando ao longo destes anos fíxonos pensar que o tempo pasa e a amizade perdura nos nosos corazóns.

Seguiremos escribindo cartas ata rematar o curso. Logo quen sabe...? Seguiremos en contacto...? O poder da epístola permite transmitir o que pensamos, os nosos sentimentos e enriquécenos como persoas.

Estas son as fotos que resumen a nosa xuntanza; esperamos que vos gusten!




Actividade para coñecernos mellor.





Representación da obra de teatro 










Chocolatada cunha riquísima bica que levamos nós.
Acompañounos a mestra Balbina.





Agasallándonos.



Todos Xuntos!