viernes, 31 de enero de 2020

NOVO CORREO ESCOLAR

                                                               CORREO  ESCOLAR                                                             


                    Comeza un novo correo escolar para todo o alumnado de 3º de primaria!!!


A novidade é que compartimos no só os de relixión, como en anos anteriores, senón tamén o alumnado de valores, co alumnado do  CEP Santa Tegra; onde  a mestra Berta comparte colexio.

Este trimestre pasado xa se fixo posible o primeiro contacto; felicitándonos o Nadal con postais e cartas para coñecernos: fotos, nomes, gustos, ilusións, amigos/as...

Recibimos as cartas con moitísima ledicia, comprobando, que nalgunhas cousas non somos tan diferentes...

No seguinte video podedes ver o resultado 

NOVO CORREO ESCOLAR




lunes, 27 de enero de 2020

O BELÉN DE " MOSTEIRO EN VERDE"

        Todo o alumnado de relixión participa, xunto coa colaboración da súa familia, na elaboración dun elemento ou figura, previamente seleccionada, para realizar o BELÉN máis fermoso; feito con material de refugallo.
  
O alunmnado vai expoñendo, na aula: con quen, que, cando, como e canto tempo empregaron no resultado, ademais das diferentes emocións que sentiron.

Con moita ilusión o alumnado de 6º de primaria explica ao atento alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, a verdadeira historia do nacemento de Xesús e o seu significado.

Este foi o resultado que podedes ver no seguinte video e fotos.














PREME NO SEGUINTE ENLACE:

O BELÉN DE "MOSTEIRO EN VERDE"