viernes, 31 de enero de 2020

NOVO CORREO ESCOLAR

                                                               CORREO  ESCOLAR                                                             


                    Comeza un novo correo escolar para todo o alumnado de 3º de primaria!!!


A novidade é que compartimos no só os de relixión, como en anos anteriores, senón tamén o alumnado de valores, co alumnado do  CEP Santa Tegra; onde  a mestra Berta comparte colexio.

Este trimestre pasado xa se fixo posible o primeiro contacto; felicitándonos o Nadal con postais e cartas para coñecernos: fotos, nomes, gustos, ilusións, amigos/as...

Recibimos as cartas con moitísima ledicia, comprobando, que nalgunhas cousas non somos tan diferentes...

No seguinte video podedes ver o resultado 

NOVO CORREO ESCOLAR




No hay comentarios:

Publicar un comentario