sábado, 26 de enero de 2019

CORREO ESCOLAR




CONVIVENCIA

Xuntanza do alumnado de 6º de relixión do noso colexio co do CEP Santa Tegra.


As dúas clases de ambos colexios comparten a mesma mestra  que encontrou inspiración para facer a actividade, nas Epistolas do Novo Testamento e levamos dende 3º de primaria facendo a actividade cos rapaces destas aulas.

Convivencia especial, enriquecedora e chea de momentos de amizade, ledicia e ilusión.
Recibíronnos cos brazos abertos!!!

Iniciamos a convivencia cunha actividade para perder a vergoña. Os anfitrións representaron unha obra de teatro:" Existen os reis magos?". Non podía faltar unha magnífica e  rica chocolatada, rematando cuns agasallos feitos por cada un de nós.

O poder ver como como imos cambiando ao longo destes anos fíxonos pensar que o tempo pasa e a amizade perdura nos nosos corazóns.

Seguiremos escribindo cartas ata rematar o curso. Logo quen sabe...? Seguiremos en contacto...? O poder da epístola permite transmitir o que pensamos, os nosos sentimentos e enriquécenos como persoas.

Estas son as fotos que resumen a nosa xuntanza; esperamos que vos gusten!




Actividade para coñecernos mellor.





Representación da obra de teatro 










Chocolatada cunha riquísima bica que levamos nós.
Acompañounos a mestra Balbina.





Agasallándonos.



Todos Xuntos!