viernes, 9 de febrero de 2018

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS CONXUNTAS :VALORES - RELIXIÓN


A EDUCACIÓN UN DEREITO PARA TODAS AS NENAS E NENOS DO MUNDO


Lembramos e preparámosnos para a celebración do día da PAZ na escola, cunha charla ofrecida pola ONG "Entreculturas" que traballa pola educación en máis de 40 países para que miles de rapaces teñan un futuro de esperanza.

Ensináronnos mediante dinámicas que xuntos podemos vencer as dificultades e mediante videos sobre a vida e a valentía dalgunhas nenas doutros países (Malala, Mireille, Marie Claudia...) que a pesar das súas dificultades saben ca educación é a súa única arma e modo de contribuir ao desenvolvemento do seu país.

Valoramos moitísimo unha frase dita por Malala: " Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo" 

Grazas Malala!!!













SAÍDA AO CINE SALESIANOS "LA VIDA DE CALABACÍN"

Película de animación que a través dos seus personaxes coñecemos o significado de amizade, a familia, casa de acollida, o amor... e como se poden afrontar as emocións e sentimentos.
Ensinounos que todos os nenos e nenas teñen dereito a ser coidados, educados, protexidos pero tamén a divertirse e expresarse.






Además de facernos reflexionar, gustounos moitísimo a película!!!