sábado, 22 de diciembre de 2018

ADVENTO 2018

                          



Infantil durante o advento 2018

Este advento  dende a clase de relixión,  con moita ilusión, preparámosnos para a chegada do NADAL.
Contamos os días,as semanas.... e por fin sabemos que o Neno Xesús vai celebrar moi pronto o seu cumpreanos!!!

Este Belén e moi especial, xa que os de 5º e 6º atoparon unhas figuriñas do Belén gardadas nun armario do colexio, por iso  o montaron e expricaronlle aos pequenos a orixe das figuriñas e o significado das mesmas! Temos un Belen con historia!
   

                     Preme no texto para ver as actividades de infantil durante o advento





  DESEXAMOSVOS FELIZ NADAL A TODOS!!!!

domingo, 8 de abril de 2018

LAPBOOK 2º TREMESTRE

LAPBOOK 2º TRIMESTRE


 Para a elaboración do noso Lapbook participamos todo o alumnado ( infantil-primaria).

Os de infantil decoramos as palmas e ramas de olivo.

Os de primeiro decoramos algúns debuxos.

Os de terceiro confeccionamos o reloxo do calendario litúrxico.

Os de cuarto confeccionamos, en gran grupo, a miniatura do paso e coloreamos ós cofrades.

Os de quinto buscamos información en diferentes fontes sobre o pasado e o presente do Domingo de Ramos, ademáis da importancia das mulleres galegas costaleiras.

Os de sexto buscamos o significado do diferente vocabulario relacionado co Paso do Domingo de Ramos. E buscamos información dos diferentes pintores dos séculos XVII e XVIII que representaron a escena da "Entrada Triunfante de Xesús en Xerusalén" ( Aula de informática).

A continuación presentámosvos as fotos dalgúns momentos onde os alumnos traballamos  na confección das tarefas. Esta actividade ensinounos dun xeito lúdico e dinámico a coñecer mellor o significado do Domingo de Ramos. E a valoralo  protagonismo das primeiras mulleres cofrades galegas.


























viernes, 9 de febrero de 2018

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS CONXUNTAS :VALORES - RELIXIÓN


A EDUCACIÓN UN DEREITO PARA TODAS AS NENAS E NENOS DO MUNDO


Lembramos e preparámosnos para a celebración do día da PAZ na escola, cunha charla ofrecida pola ONG "Entreculturas" que traballa pola educación en máis de 40 países para que miles de rapaces teñan un futuro de esperanza.

Ensináronnos mediante dinámicas que xuntos podemos vencer as dificultades e mediante videos sobre a vida e a valentía dalgunhas nenas doutros países (Malala, Mireille, Marie Claudia...) que a pesar das súas dificultades saben ca educación é a súa única arma e modo de contribuir ao desenvolvemento do seu país.

Valoramos moitísimo unha frase dita por Malala: " Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo" 

Grazas Malala!!!













SAÍDA AO CINE SALESIANOS "LA VIDA DE CALABACÍN"

Película de animación que a través dos seus personaxes coñecemos o significado de amizade, a familia, casa de acollida, o amor... e como se poden afrontar as emocións e sentimentos.
Ensinounos que todos os nenos e nenas teñen dereito a ser coidados, educados, protexidos pero tamén a divertirse e expresarse.






Además de facernos reflexionar, gustounos moitísimo a película!!!