jueves, 14 de diciembre de 2023

Pasiño a Pasiño "O Noso Belén"

 Estimadas familias e alumnado👪

Este é o resultado da vosa ilusión, traballo, esforzo, e moitas ganas de que chegue o Nadal...

         


  💓    Alumnado  de 5º e 6º explica ó  alumnado de infantil lo que significa cada figura do Belén que van  montar.

 💓Cada neno/a di a seus compañeiros /as como, cando, con quen e que sentiron ao facer a casiña para o calendario de Advento.  Infantil de 3 e 4 anos, as ovellas.

 💓 O alumnado de primaria pon as mensaxes dentro da casiña que elixen do "Pobo de Belén".

Podedes velo no seguinte video.

       



Os máis cativos gozan do calendario de Advento cheo de pequenas figuras de  chocolate !!!😋



Aproveito para felicitar virtualmente estas Festas.🎄🎄🎄







jueves, 9 de noviembre de 2023

O NOSO BELÉN

 Estimadas familias:


Para colaborar, e axudar ós vosos fillos e fillas nesta proxecto e pasar un bo día cheo de creatividade!!!👪

As pautas son:

1º O alumnado de 5 anos, 1º, 2º, 3º e 4º deberan facer só unha casa para o pobo de Belén.

2º O material empregado será de refugallo ( caixa de medicamento, cartón,...) Tamaño aproximado 12 x 15 cm.

 A cor que debedes empregar para pintala  é branco.

4º A porta  e fiestras  con burato, coma o modelo que veredes nas fotos orientativas.  

O MOTIVO  É PARA QUE OS ALUMNOS POIDAN METER NA CASA UN DESEXO OU PROPOSITO, ESCRITO NA AULA.

 A VOLTA DAS VACACIÓNS DO NADAL  COMPROBARAN SE DEVANDITO PROPOSITO OU DESEXO CUMPRIUSE.(oxalá que si!)

5º A data limite, antes do 22 de novembro, na aula de relixión

O alumnado de 5º e 6º na aula, enumeraran as 24 casiñas que serán o noso calendario de Advento. Tamén comprobaran que elemento fáltalle a "O Noso Belén", podendo facelo ou traelo prestado da súa familia, levaranlo a volta das vacacións; rogo encarecidamente non mercar.

O ALUMNADO DE 3 E 4 ANOS SÓ FARAN UNHA OVELLA, TAMAÑO DO CORPO 6CM, CON MATERIAL DE REFUGALLO.

Todo o alumnado de relixión participa montando O BELÉN.

Fotos orientativas



Grazas  pola vosa colaboración.