sábado, 21 de diciembre de 2024

PROXECTO CORES NO NADAL 2024

 A continuación presento o video deste traballo.

 Grazas a vosa colaboración, mostrando un pequeno recuncho dos vosos fogares, podemos ver a maxIa do Nadal. 

FELICES FESTAS!!!





jueves, 28 de noviembre de 2024

CORES NO NADAL 2024

 

Queridas familias e alumnos👪

 Xa está preto o Nadal ; as rúas, as tendas e as vosas casas teñen  unha  fermosa decoración de Nadal.

Necesitamos a túa colaboración dun xeito sinxelo. 

No corredor do terceiro piso os nenos e nenas de relixión, preparan a decoración.

Tendes que facer unha foto da túa decoracion na casa (Nacemento ou árbore de Nadal ou elemento decorativo relacionado co Nadal).

As pautas a seguir son as seguintes:

1.    Facer unha foto a familia co elemento.

2.    Tamaño cuartilla 16 X 22 pode ser en vertical ou horizontal 

3.     Deixarao na clase de relixión o teu fillo ou filla; no caso dos irmáns, será o irmán maior quen se encargue de levar a foto.

4.    Podes facer un marco de 3 cm máximo, SEN BASE, decorándoo con motivos do Nadal. (é opcional).

5.    A  data de entrega dende o 2  de decembro ata o 13 de decembro

Disfrutade destes momentos marabillosos con vosas fillas/os. FELIZ ADVENTO!!🙏

sábado, 22 de junio de 2024

MURAIS ÚLTIMO TRIMESTRE

                                                      REMATA O CURSO 2023-2024

Quero agradecer a colaboración de todas as familias nos diferentes proxectos e a ilusión do alumnado que fixo posible os resultados. A continuación veredes  os traballos feitos polo alumnado este mes de maio e xuño. 

Grazas por seguir nesta opción que intento mellorar cada día.

Desexarvos unhas merecidas e felices vacacións de verán.

A continuación veredes os videos deste trimestre e final de curso. Esperamos que vos gusten.







viernes, 22 de marzo de 2024

FELIZ PASCUA!

 

Estimadas familias e alumnado:

Este 2º trimestre celebramos a Pascua a través de diferentes retos. O alumnado gozou e traballou con entusiasmo para esta celebración tan alegre dedicada aos nenos/as .

A Pascua ten mensaxes relevantes dentro do Calendario Litúrxico da Igrexa  que nos dirixe a Pentecostés e Corpus Christi ; esta última enfocada  aos rapaces e rapazas que se  preparan para a primeira comunión.

Todos/as levan un agasallo relacionado con esta celebración.

A continuación podedes ver a exposición das manualidades de Pascua.






domingo, 18 de febrero de 2024

ADIVIÑAS E MANUALIDADES DE PASCUA



Estimadas familias e alumnado👪:

  1. A Pascua está comezar e con adiviñas e manualidades  relacionadas con esta celebración o alumnado de Relixión vai gozar.

Unha mesa preparada, na  corredoira do terceiro piso está.

Deixo unha breve explicación de como ides participar:

  • A partir do día 21 de febreiro unha tarxeta colleras do cesto que esta na mesa.
  • A  pregunta buscarás, ó final desta entrada estará.
  • Fixate ben cal é a do teu ciclo de primaria e cal é a de infantil.
  • Dous preguntas son as que debes adiviñar.
  • Meditade ben a resposta, consultade coa familia e cando a teñades a deixades nun caixón da mesa. 
  • Faredes só unha manualidade relacionada coa Pascua (utilizade material de refugallo), coa axuda da vosa familia, e a deixaredes enriba da mesa.
  • Non esquecedes por o voso nome, apelidos e curso tanto na tarxeta de adiviñas como na manualidade.
  • O prazo de entrega de ámbalas dúas remata o día 15 de marzo
  • Nun listado que teredes na aula de relixión aparecerá o alumnado que interveña na manualidade  e os seus acertos nas adiviñas.

Todos os que participen teran unha sorpresa 🎁 relacionada coa celebración

  

FOTOS DA MESA 





FOTOS ORIENTATIVAS PARA A MANUALIDADE.




AQUÍ ESTAN OS OVOS DE ADIVIÑAS




















viernes, 9 de febrero de 2024

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS XANEIRO E FEBREIRO 2024

 


 TALLER DE "ENTRECULTURAS
"

O día 26 de xaneiro volve a estar no noso colexio, Xosé Luis, periodista que traballa coa ONS "Entreculturas”

Taller sobre as Migracións e a Paz, para os cursos de 5ºe 6º, organizado polo departamento de Relixión.

Mediante videos levou ó alumnado nunha viaxe a través de diferentes paises, para comprender mellor as situacions vividas polos nenos e nenas que fuxan das guerras e outras situacións.

Rapazas como MIREILLE DE RUANDA, JOSEFINA DE GUATEMALA...que loitaron por ter un futuro mellor onde a educación e imprescindible para logralo; a través de ONG dedicadas a axudarlles.

Abraiadas/os cun "Experimento Social", imáxenes para comprender que non hai fronteiras, o importante é dialogar, coñecerse e poñerse "NOS SEUS ZAPATOS" que quere dicir poñerse no lugar doutro/a. 

Imos ver alguhas fotos deste taller











Grazas Xosé Luis



SAIDA O CINE SOCIAL SALESIANOS 

O día 2 de febreiro o alumnado de 5º e 6º van o cine SOCIAL SALESIANOS para ver BRAVE
( indomable)



Pelicula animada que consiguió 6 premios no ano 2012

Merida a indócil, filla do rei Fergus e da raiña Elionor debe afrontar grandes retos para chegar a comprender que é a autentica valentía, a importancia de tomar as propias decisións sen romper o vínculo ca une a súa familia.

NESTA PELICULA DE FICCIÓN PRESÉNTANSE SITUACIÓNS QUE PODERIAMOS VIVIR HOXE E APRENDER DELAS.