domingo, 21 de noviembre de 2021

UN MUNDO NAS TÚAS MANS


 ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA : POLA EDUCACIÓN

O venres, 19 de novembro o alumnado de 5º de primaria, na aula de música, participa nun  taller da ONG Entreculturas.

Obxectivo desta actividade :

Valorar  a vida sen educación faise insostenible.

Moitos nenos e nenas siguen afectados polo peche das aulas debido a brecha tecnolóxica no seu país.

Decatarse que vivimos nun mundo que ten que mellorar.

Xosé Luis Barreiro Areses, periodista e delegado de redes solidarias da mocidade en diferentes provincias  de Galicia e Asturias.

Motiva a noso alumnado dando a coñecer o significado dos ODS 

Os obxectivos de desenvolvemento sustentable foron creados pola ONU para abordar os grandes retos globais. Un total de 193 países apostan polo compromiso dun desenvolvemento que busca responder as necesidades globais actuais concretado nunha axenda de 17 obxectivos que deberían cumprirse para o ano 2030. 
Podedes ver que lugar ocupa unha educación de calidade

DIFERENTES VÍDEOS

Camiño á escola: catro nenos mostran as dificultades que atopan cada día para poder asistir ó colexio.

https://www.youtube.com/watch?v=tVLH4gloRrE

TALLER EN GRUPOS DE SEIS : Reflexión da importancia da ensinanza na escola

Cada portavoz anota as cinco cousas que aprenderon no colexio: Tiñan que subliñar con diferentes cores, cales aprenderon sós , cales cos amigos e cales no colexio.

Que crees que pasou? Sí, acertaches!  A maior parte aprendéronas na escola.


Clica no seguinte video para ver un resumo do taller entreculturas


Grazas por impulsar xuntos esta corrente de educación transformadora para construir un mundo mellor.

CONTAMOS CONTIGO!







No hay comentarios:

Publicar un comentario