A continuación presento o video deste traballo.
Grazas a vosa colaboración, mostrando un pequeno recuncho dos vosos fogares, podemos ver a maxIa do Nadal.
FELICES FESTAS!!!
A continuación presento o video deste traballo.
Grazas a vosa colaboración, mostrando un pequeno recuncho dos vosos fogares, podemos ver a maxIa do Nadal.
FELICES FESTAS!!!
Queridas familias e alumnos👪
Xa está preto o Nadal ; as rúas, as tendas e as vosas casas teñen unha fermosa decoración de Nadal.
Necesitamos a túa colaboración dun
xeito sinxelo.
No corredor do terceiro piso os
nenos e nenas de relixión, preparan a decoración.
Tendes que facer unha foto da túa
decoracion na casa (Nacemento ou árbore de Nadal ou elemento decorativo relacionado
co Nadal).
As pautas a seguir son as
seguintes:
1.
Facer unha foto a familia co
elemento.
2.
Tamaño cuartilla 16 X 22 pode ser
en vertical ou horizontal
3.
Deixarao na clase de relixión o teu fillo
ou filla; no caso dos irmáns, será o irmán maior quen se encargue de levar a
foto.
4.
Podes facer un marco de 3 cm
máximo, SEN BASE, decorándoo con motivos do Nadal. (é opcional).
5.
A data de entrega dende o
2 de decembro ata o 13 de decembro
Disfrutade destes momentos marabillosos con vosas
fillas/os. FELIZ ADVENTO!!🙏
REMATA O CURSO 2023-2024
Quero agradecer a colaboración de todas as familias nos diferentes proxectos e a ilusión do alumnado que fixo posible os resultados. A continuación veredes os traballos feitos polo alumnado este mes de maio e xuño.
Grazas por seguir nesta opción que intento mellorar cada día.
Desexarvos unhas merecidas e felices vacacións de verán.
A continuación veredes os videos deste trimestre e final de curso. Esperamos que vos gusten.
Estimadas familias e alumnado:
Este 2º trimestre celebramos a Pascua a través de diferentes
retos. O alumnado gozou e traballou con entusiasmo para esta celebración tan
alegre dedicada aos nenos/as .
A Pascua ten mensaxes relevantes dentro do Calendario Litúrxico da
Igrexa que nos dirixe a Pentecostés e Corpus Christi ; esta última
enfocada aos rapaces e rapazas que se preparan para a primeira
comunión.
Todos/as levan un agasallo relacionado con esta celebración.
A continuación podedes ver a exposición das manualidades de Pascua.
Estimadas familias e alumnado👪:
Unha mesa preparada, na corredoira do terceiro piso está.
Deixo unha breve explicación de como ides participar:
Todos os que participen teran unha sorpresa 🎁 relacionada coa celebración
FOTOS DA MESA
FOTOS ORIENTATIVAS PARA A MANUALIDADE.
AQUÍ ESTAN OS OVOS DE ADIVIÑAS

TALLER DE "ENTRECULTURAS"
O día 26 de xaneiro volve a
estar no noso colexio, Xosé Luis, periodista que traballa coa ONS
"Entreculturas”
Taller sobre as Migracións e a Paz, para os cursos de 5ºe 6º, organizado polo departamento de Relixión.
Mediante videos levou ó alumnado nunha viaxe a través de diferentes paises, para comprender mellor as situacions vividas polos nenos e nenas que fuxan das guerras e outras situacións.
Rapazas como MIREILLE DE RUANDA, JOSEFINA DE GUATEMALA...que loitaron por ter un futuro mellor onde a educación e imprescindible para logralo; a través de ONG dedicadas a axudarlles.
Abraiadas/os cun "Experimento Social", imáxenes para comprender que non hai fronteiras, o importante é dialogar, coñecerse e poñerse "NOS SEUS ZAPATOS" que quere dicir poñerse no lugar doutro/a.
Imos ver alguhas fotos deste taller
Pelicula animada que consiguió 6
premios no ano 2012
Merida a indócil, filla do rei
Fergus e da raiña Elionor debe afrontar grandes retos para chegar a comprender
que é a autentica valentía, a importancia de tomar as propias decisións sen
romper o vínculo ca une a súa familia.
NESTA PELICULA DE FICCIÓN
PRESÉNTANSE SITUACIÓNS QUE PODERIAMOS VIVIR HOXE E APRENDER DELAS.
Estimadas familias e alumnado👪
Este é o resultado da vosa ilusión, traballo, esforzo, e moitas ganas de que chegue o Nadal...
💓 Alumnado de 5º e 6º explica ó alumnado de infantil lo que significa cada figura do Belén que van montar.
💓Cada neno/a di a seus compañeiros /as como, cando, con quen e que sentiron ao facer a casiña para o calendario de Advento. Infantil de 3 e 4 anos, as ovellas.
💓 O alumnado de primaria pon as mensaxes dentro da casiña que elixen do "Pobo de Belén".
Podedes velo no seguinte video.
Os máis cativos gozan do calendario de Advento cheo de pequenas figuras de chocolate !!!😋