ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA : POLA EDUCACIÓN
O venres, 19 de novembro o alumnado de 5º de primaria, na aula de música, participa nun taller da ONG Entreculturas.
Obxectivo desta actividade :
Valorar a vida sen educación faise insostenible.
Moitos nenos e nenas siguen afectados polo peche das aulas debido a brecha tecnolóxica no seu país.
Decatarse que vivimos nun mundo que ten que mellorar.
Xosé Luis Barreiro Areses, periodista e delegado de redes solidarias da mocidade en diferentes provincias de Galicia e Asturias.
Motiva a noso alumnado dando a coñecer o significado dos ODS
DIFERENTES VÍDEOS
Camiño á escola: catro nenos mostran as dificultades que atopan cada día para poder asistir ó colexio.
TALLER EN GRUPOS DE SEIS : Reflexión da importancia da ensinanza na escola
Cada portavoz anota as cinco cousas que aprenderon no colexio: Tiñan que subliñar con diferentes cores, cales aprenderon sós , cales cos amigos e cales no colexio.
Que crees que pasou? Sí, acertaches! A maior parte aprendéronas na escola.
Clica no seguinte video para ver un resumo do taller entreculturas
Grazas por impulsar xuntos esta corrente de educación transformadora para construir un mundo mellor.
CONTAMOS CONTIGO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario