lunes, 8 de noviembre de 2021

UN MUNDO EN MINIATURA

Estimadas familias e alumnado: 

Comezamos  este novo curso,  de novo precisamos da vosa colaboración, para facer antes de que remate este primeiro trimestre, unha exposición de "Beléns do mundo".

Para poder levala  a cabo, cada neno e nena,  xa elixe na aula,  a figura (O Neno Xesús, San Xosé ou a Virxen María) ou establo que ten que estar relacionado con dito lugar (nacemento rexional galego, indio américano, mexicano, esquimal.... 

Tendo en conta:

  • A altura da figura non debe superar os 8 cm. Para o establo altura 15 ou 20 cm. Podedes utilizar todo tipo de materiais.
  • Están os equipos constituídos por cursos, para  achegar a figura ou cortello e así poder montar na aula de Relixión o Belén elexido por cada equipo, polo que é importante que todo o alumnado participe.
  • A data limite é o 26 de novembro.
  • O alumnado de infantil  participa  facendo convosco👪 , un  adorno libre de Nadal para decorar o Belén , con material de refugallo.

Antes das vacacións de Nadal , teremos unha sorpresa🎁 para aqueles e aquelas que participen.

Podedes ver alguhas fotos orientativas. 













       


      






Esta semana cada alumno e alumna anotará na axenda o que va facer con vós👪

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Aula de Relixión. 


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario