martes, 26 de mayo de 2020

Alumnado de 5º e 6º (25-31 de maio)

Ola chicas e chicos! supoño que estades máis felices porque xa estamos na fase 2 da desescalada.

Ides ver este vídeo e logo reflexionade como vos sentides despois de velo.



Xa descubríchedes cal  é o secreto da felicidade? Alégrome!!!

O día 31 de maio deste ano, non sempre coincide na mesma data; a Igrexa recorda e celebra Pentecoste, dende ese día a Igrexa leva a cabo a súa misión de anunciar  a Boa Nova.

A continuación ides ver este video que recorda o momento que viviron os apóstolos cando recibiron a forza e axuda do Espíritu Santo. 



Os cristiáns e cristiás notan a presenza do Espíritu nas súas vidas e na acción da Igrexa.
Por iso é representado mediante diversos símbolos...
Os froitos do Espíritu Santo son as capacidades especiais que o cristián recibe de Deus a través do Espíritu Santo...
Responder 
1. Cales son os símbolos que utiliza Igrexa para representar o Espíritu Santo?
2. Busca, nomea as capacidades o froitos que o cristián recibe.

Podedes consultar a seguinte páxina web:
www.aciprensa.com/fiestas/pentecostes/espiritusanto.htm

Ánimo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario